O Motorista sen Cage?

0
174

A secuela de Ghost Rider podería estar mais preto do que coidamos, e incluir a Nicolas Cage… ou non.

A Sony Pictures, que produciu o filme orixinal en 2007, é a propietária dos dereitos sobre o persoaxe da Marvel Comics e o será mentres o continúen utilizando en novos filmes. É un contrato que obriga á Fox, á Sony, á Universal e mais á Lionsgate a continuar facendo filmes con persoaxes coma os X-Men, Spiderman, o Castigador, Hulk, Os Catro Fantásticos e Daredevil ou do contrário os dereitos revertirán á Marvel, que estará encantada de poder vende-los mais caros a outra empresa… ou á mesma.

E agora todo semella indicar que os dereitos sobre o motorista pantasma regresarán á Marvel a final deste ano de non ser que a Sony comece a produción dunha secuela coma moi tarde o 14 de novembro. É un escenário arriscado porque o primeiro filme foi un desastre para os médios especializados e custou 110 millóns de dólares produci-lo. Nombergantes, e mália que non todo o mundo está familirizado co persoaxe, a recadación subiu até os 228 millóns en todo o mundo.

Claro que unha boa parte do éxito nos despachos de billetes é grazas a que o protagonista foi Nicolas Cage, polo que a súa implicación no proxecto semella ser da máxima importáncia. A súa axenda, nombergantes, non está aberta antes do final do prazo porque a Disney quere contar con el para unha terceira entrega da saga de National Treasure, que comezará a se rodar en outono se todo vai segundo o previsto.

Por outra banda, a secuela de Ghost Rider simplemente non está preparada. Scott Gimple e Seth Hoffman entregaron un primeiro guión para o que a Sony está a procurar director, pero aínda está lonxe de chegar a un acordo con ninguén.

A Sony podería usar o filme para apuntalar unha axenda que semella moi parada para 2011 e seica ten intención de lle pedir unha prórroga á Marvel antes de que remate o contrato, pero é moi dubidoso que lle sexa aceptado. Ningún estudo quere perder unha propiedade que pode pasar ás mans dun rival que o faga moito mais rendíbel. Así que a pregunta é: atreverán-se a face-lo sen Cage?