O Quinto Destino Final

0
180

Eric Heisserer (precuela de The Thing) escribirá o guión dunha quinta entrega de Final Destination (Destino Final) para a New Line.

A implicación de Heisserer é un intento de rachar coa repetición das catro primeiras películas e sacar á franquía do seu actual estancamento. Ainda que os detalles do argumento están baixo segredo, o proxecto seica non será apto para os espectadores mais impresionábeis, xa que incluirá unha escena cunha cirurxía láser nos ollos.

Mália que a crítica bateu ben forte nas súas múltiples secuelas, a entrega do ano pasado, The Final Destination, acadou uns nada desprezábeis 66 millóns de dólares só nos Estados Unidos.

A lista de candidatos a director está ainda en confección, pero xa se sabe que o filme será rodado en 3D e que a súa estrea será o ano que ven. Craig Perry seguirá como produtor.