Cómpre ter a man unha bolsa para o vómito, porque seica ímo-la precisar.
O produtor Jon Landau ven de lle revelar aos nosos colegas de Sci-Fi Wire que as conversas co director de Bourne Ultimatum e Green Zone, Paul Greengrass, para que se encargue de realizar o remake en 3D do clásico filme de ciéncia-ficció nde 1969 Viaxe Alucinante están indo moi ben: “Tivemos unha moi boa conversa con Paul onte. Ainda estamos a facer progresos“.
As malas novas son que Greengrass non quere separar-se do seu maníaco estilo de facer cinema, que inclúe cámaras tremendo, sen trípodes e suxeitas só coas mans: “coido que para certas esceas utilizará cámaras manuais. O que lle gusta a Paul neste filme é que lle dará a oportunidade de facer algo que nunca fixo demasiado, deseñar un mundo e xogar con el“.
A ideia de facer algo novo é valente e plausíbel, pero o xeito que lle dá Greengrass aos seus filmes, coas cámaras sempre en movemento e amosando secuéncias a miudo incoherentes, é algo que non será doado de aturar polos espectadores en 3D, que requiren planos mais acougados para non marear-se e que lle permita ao cerebro ter tempo de se axustar á profundidade. As esceas en 3D a todo trapo flotando entre os corpúsculos do rego sanguíneo non semellan ser o mais indicado para os espectadores pouco acostumados ás montañas rusas.