Detalles do novo Álien

0
201

O director Ridley Scott (Legend, Blade Runner, Alien) ven de lle revelar á prensa nunha recente entrevista que após de anos a falar sobre o tema, o traballo no guión da precuela de Alien está xa en marcha e que agora mesmo ten unha cuarta versión do libreto sobre a mesa.

É un traballo en progreso, pero xa non-o estamos a soñar. Sabemos cal é a história. En realidade estamos a tentar millorar os tres actos e facer uns persoaxes mellores, construir algo que podamos rodar. É un traballo en progreso, pero estamos realmente a facer o filme. Sen dúbida, imos facer o filme… Agora é un asunto de como de bó podo facer o guión nas vindeiras semanas e poida ter unha ideia clara de canto vai custar. Xa teño a xente a traballar nos deseños gráficos“, dixo Scott.

Scott amosou-se mais comunicativo do agardado sobre o argumento da história, que dixo que estará ambientada no ano 2085, 30 anos antes do nacemento da tenente Ellen Ripley, pero terá unha protagonista feminina. Ao respeito da história, Scott dixo que resolverá ún dos mistérios que fican abertos nunha escena clave do filme orixinal de 1979.

É fundamentalmente sobre saír a averiguar quen diaños era ese biomecanoide. O tipo que está sentado na cadeira no vehículo álien“, revelou Scott. O biomecanoide (chamado Space Jockey na versión orixinal) descóbre-se no filme Alien cando a nave comercial Nostromo aterra no planetoide LV-426 para investigar un sinal de orixe descoñecida. A tripulación atopa unha nave espacial destruida, cun piloto fosilizado (o biomecanoide) dentro, sentado diante do que semella un canón, ou se cadra un telescópio. Mália que as orixes deste álien son distintas das dos malvado xenomorfos, as súas orixes nunca foron exploradas nin investigadas á parte de nesa escena.

Scott engadiu que a compañía dona da Nostromo non será a Weyland-Yutani, senón só a Weyland. E que a história irá tamén sobre a intención da empresa de terraformar planetas.

Ao respeito da data de estrea, Soctt dixo que espera que poida ser a finais de 2011, ou en 2012. Ademais, confirmou que o filme será rodado en 3D, e que probábelmente non sexa unha senón duas entregas, que non se rodarán conxuntamente.