O protagonista do filme orixinal da saga de Saw, Cary Elwes, regresará ao seu papel do Dr. Gordon na vindeira entrega titulada Saw VII 3D na Lionsgate.
Nunha nota de prensa dada a coñecer polos estudos, o proxecto ven de anunciar o seu reparto, no que ademais de Elwes estarán Tobin Bell, Costas Mandylor, Betsy Russell, Sean Patrick Flanery, Gina Holden, Chad Donella, Laurence Anthony, Dean Armstrong e Naomi Snieckus.
Na sinopse do argumento facilitada polos estudos explíca-se o regreso do doutor: “Mentres unha letal batalla ruxe sobre o brutal legado de Jigsaw, un grupo de supervivintes de Jigsaw axúnta-se para buscar o apoio dun gurú da auto-axuda e compañeiro supervivinte chamado Bobby Dagen, un home cuxos escuros segredos de seu desatarán unha nova onda de terror“.
A nota de prensa tamén indica que o filme será a primeira película rodada exclusivamente no novo sistema 3D SI con cámara dixital. Kevin Greutert dirixe esta longametraxe, que ten prevista a súa estrea para o 22 de outubro.