The Ring 3 será 3D

0
154

A Paramount Pictures está a preparar o camiño para unha terceira entrega da saga de terror sobrenatural The Ring, esta vez e coma xa é habitual nestes tempos, en 3D.

O thriller orixinal The Ring, de 2002, baseado no filme xaponés Ringu, que tamén foi unha franquía de terror, foi un éxito tanto a nivel comercial coma crítico e lle deu un enorme empurrón ás carreiras da actriz Naomi Watts e do director Gore Verbinski (quen despois daquelo rodou as tres entregas de Piratas do Caribe).

Ademais o filme serviu para que o cinema americano se atrevera a facer mais remakes do xénero de terror xaponés dirixido a un público adulto, coma aconteceu con The Grudge. Nombergantes, as pobres críticas e a caída da audiéncia nas secuelas de The Ring e de The Grudge, así coma as malas críticas que levaron filmes coma Shutter, Dark Water, Pulse, Mirrors, The Eye e One Missed Call serviron para que se esfumara a moda dos remakes pouco despois de ter escomezado.

David Loucka (Dream House) escribirá o guión de Ring 3D, que agora estará moito mais centrado no público adolescente e servirá coma relanzamento da franquía.

Walter Parkes e Laurie MacDonald están a negociar a súa incorporación coma produtores, mentres que o proxecto ainda non conta cun director.