A Universal coa Maximum Ride

0
198

A Universal Pictures está a pechar o acordo polo que recollerá o proxecto Maximum Ride das mans da Sony Pictures.

Baseado na saga de novelas para adolescentes orixinal de James Patterson, autor da saga de Alex Cross, Maximum Ride son as aventuras de seis nenos que foron alterados xenéticamente para ser en parte paxaros.

Cando fuxen do seu laboratório-prisión, son perseguidos polos seus creadores, que envían tras deles a outros seres modificados xenéticamente, e que son en parte humanos e en parte lobos. Mark Fergus e Hawk Ostby (Iron Man) reescribirán o guión orixinal de Don Payne, e do que vos falamos o ano pasado.

Catherine Hardwicke (Twilight) continúa vencellada ao proxecto coma directora, mentres que Avi Arad, Ari Arad e Steven Paul son os produtores.