Cunha nota de prensa oficial confirmou-se que Bill Condon será o director de Breaking Dawn, tal e coma adiantaba NOVA FANTASIA hai tan só uns días.
Así, a Summit Entertainment confirma que o realizador gañador dun Oscar encargará-se de The Twilight Saga: Breaking Dawn, o filme baseado na cuarta e derradeira entrega da saga de novelas de vampiros adolescentes Twilight da escritora Stephenie Meyer.
O guión de The Twilight Saga: Breaking Dawn está a ser redactado arestora por Melissa Rosenberg, e contará como protagonistas a Kristen Stewart, Robert Pattinson e Taylor Lautner. Wyck Godfrey, Karen Rosenfelt e Stephenie Meyer producirán o proxecto.
“Levar Breaking Dawn de Stephenie Meyer á pantalla require unha man chea de graza e intelixéncia e coidamos que Bill Condon é exactamente a persoaaxeitada, xa que amosou igualmente abundante talento e inmensa creatividade e sensibilidade sutil“, dixo Erik Feig, Presidente de Produción e Adquisicións da Summit Entertainment.
Ademais, Stephenie Meyer engadiu que “estou moi emocionada de que Bill queira traballar connosco. Coido que vai encaixar perfectamente, e estou emocionada por ver o que fai co material“.
“Estou moi emocionado por ter a oportunidade de levar o clímax desta saga á pantalla. Coma xa saben os fans da série, este é un libro único na súa clase – e esperamos crear unha experiéncia cinematográfica igualmente única“, dixo pola súa banda Bill Condon.
The Twilight Saga: Breaking Dawn é a derradeira novela da saga, e dá resposta aos segredos e mistérios desta série de novelas románticas de vampiros que conquistou a millónsde adolescentes.
Condon carece por completo de experiéncia no cinema de xénero, e é claramente unha elección dos estudos tentando engadir algo de prestíxio a unha saga que contará dende antes de escomezar co desprezo mais profundo posíbel da crítica especializada. Condon é coñecido por ser o director de Dreamgirls, Kinsey ou Gods and Monsters, pola que gañou o Oscar de Hollywood ao millor guión adaptado en 1999. Ademais, foi nominado a un segundo prémio polo seu guión no musical Chicago en 2003. Os seus traballos mais recentes son o episódio piloto da série de televisión The Big C e a gala de entrega da 81ª edición dos prémios da Académia.
A terceira entrega da franquía, The Twilight Saga: Eclipse, chegará aos cinemas o 30 de xuño.