A vida de Pi

0
184

Axiña habemos coñecer o resultado da decisión da 20th Century Fox sobre se lle van dar luz verde ou non á adaptación ao cinema do bestseller de Yann Martel The Life of Pi.

Aínda que leva en desenvolvemento a maior parte da pasada década baixo a dirección de diversos cineastas, Ang Lee (Hulk, Tigre e Dragón) é ainda o director vencellado ao proxecto, que conta cun orzamento de mais de 70 millóns de dólares e espera escomezar a rodaxe en agosto.

A história vai sobre un rapaz perdido a bordo dunha lancha no médio do océano Pacífico xunto a un tigre de Bengala e quere ser unha fantasía máxica de aventuras en 3D, que incluirá unha cheade animais xerados por computador, “deses que nunca esperarías ver a bordo dun barco xunto a un neno“, segundo Elizabeth Gabler da Fox 2000.

David Magee (Finding Neverland) xa entregou o guión e Lee e mais o produtor Gil Netter estiveron á procura de diversas localizacións por Tailándia e Pondicherry, no Sul da Índia, para o filme.