Seguen adestrando ao dragón

0
166

Mália que non escomezou demasiado forte, How to Train Your Dragon (Como adestrar ao teu dragón) ven de xurdir coma unha das grandes películas deste ano, tanto no despacho de billetes coma na crítica, e polo tanto xa se fan plans para converter o filme en franquía e rodar as conseguintes secuelas.

No decurso dunha videoconferéncia na que se falou dos benefícios da empresa no primeiro cuarto do ano, o director xeral da DreamWorks Animation Jeffrey Katzenberg dixo que ten en preparación unha série de televisión e mais unha longametraxe secuela para lanzar na segunda metade de 2013.

A Dreamworks está tamén a desenvolver un mundo virtual online e mais un espazo en vivo semellante ao que vimos en documentais coma Camiñando cos dinosáuros no Staples Center en Los Angeles.

How to Train Your Dragon, unha película destinada aos nenos pero que probábelmente guste moito mais aos adultos, é o filme que obtivo as millores críticas da história da Dreamworks e xa leva recadados 180 millóns de dólares tan só nos Estados Unidos.