Olga Kurylenko (Quantum of Solace, Hitman) ven de se unir ao reparto do filme chinés de alto orzamento (10 millóns de dólares) que reproducirá as aventuras submariñas en 3D de Empires of the Deep.
Ambientada na antiga Grécia, a história vai sobre un xoven (Steve Polites) que viaxa a un reino submariño para salvar a seu pai. Polo camiño atopará monstros, demos e sereas batallando.
Kurylenko interpreta á raíña do Império das Sereas. A actriz chinesa Yanfei Shi tamén figura como protagonista, mentres que Anthony Arendt (Avatar) ven de ser contratado para se ocupar da estereografía 3D.
Frank Randall e Jon Jiang escribiron o guión, que pasou por unha segunda reescritura e ainda lle queda unha terceira antes de atopar un director. Algúns dos nomes que soan para o proxecto son Michael French, Jonathan Lawrence e Pitof.
A rodaxe terá lugar en China a partir de maio en Grécia e durará seis meses. Os plans son estrear o filme en 2011.