A nación de sangue

697

A EMJAG Productions e mais a Platinum Studios, Inc. adaptarán a minisérie do cómic Blood Nation ao cinema nunha longametraxe.

Ambientado nun futuro non moi afastado, cando unha vaga de vampirismo levará a unha guerra entre os vampiros e os seres humanos. Como resultado, Europa fica baixo o control dos chuchasangues, que son aillados do resto do mundo por altos muros. A história vai sobre unha unidade de comandos de elite enviada tras as liñas inimigas para deteren unha nova série de ataques.

Alexandra Milchan e Scott Mitchell Rosenberg serán os produtores.