O executivo da série de televisión FlashForward e guionista do filme Lanterna Verde, Marc Guggenheim, ven de ser contratado para se encargar do libreto de dous novos proxectos de grande orzamento que poderían converter-se en franquías na Warner Bros. Pictures.
O primeiro é o filme de acción e fantasía Leonardo da Vinci and the Soldiers of Forever, que reimaxinará a vida do xénio italiano do Renacemento coma membro dunha selecta sociedade secreta adicada a perseguir e cazar demos bíblicos.
O proxecto non só terá demos, senón tamén códigos secretos, civilizacións perdidas, fortalezas ocultas e anxos caídos, todo coa produción de Adrian Askarieh, Roy Lee e Doug Davison.
Guggenhem ademáis deberá encargar-se do guión de Thieves of Baghdad, unha aventura familiar ambientada no Bagdad do século X que tomará prestados moitos contos das fábulas das Mil e Unha Noites.
O guión anterior de Cole Hadden descríbe-se coma un Ocean´s Eleven na antiga Arábia, coa participación de persoaxes coma Sindbad, Alí Baba e moitos outros unidos nun grupo no que non fallarán as alfombras voadoras, os combates con espadas e os xénios da lámpada, todos traballando unidos. Bob Shaye e Michael Lynne son os produtores.