Sara Paxton en Innkeepers

0
137

Sara Paxton (Last House on the Left, Superhero Movie) será a protagonista do filme de terror The Innkeepers na Dark Sky Films.

Paxton e Pat Healy interpretarán aos dous derradeiros encargados un hotel centenário enmeigado en Nova Inglaterra xusto uns días antes de que peche cando uns estraños convidados chegan para ficar alí.

Kelly McGillis e George Riddle tamén están no reparto. Ti West (The House of the Devil) foi o guionista e dirixirá o filme, que conta con Derek Curl, Peter Phok, Larry Fessenden e mais o mesmo West como produtores. A rodaxe escomezará a finais desta semana en Connecticut no hostal Yankee Pedlar.