Os gañadores dos prémios World Fantasy deste ano ás millores obras publicadas ao longo do 2006 anunciáron-se o pasado sábado no decurso dun banquete celebrado na Convención Mundial da Fantasía en Saratoga Springs, New York.
Estes foron os afortunados:
- Prémio á laboura dunha vida: Betty Ballantine e Diana Wynne Jones
- Novela: Soldier of Sidon, de Gene Wolfe
- Novela curta: Botch Town, de Jeffrey Ford
- Conto: Journey Into the Kingdom, de M. Rickert
- Antoloxía: Salon Fantastique, de Ellen Datlow e Terri Windling
- Colección: Map of Dreams, de M. Rickert
- Artista: Shaun Tan
- Prémio Especial Profesional: Ellen Asher
- Prémio Especial Non-Profesional: Gary K. Wolfe
Os membros do xurado este ano foron Gavin Grant, Ed Greenwood, Jeremy Lassen, Jeff Mariotte e Carsten Polzin.
Asimesmo, anunciou-se que a Convención Mundial da Fantasía do ano 2009 irá a San Jose, Califórnia, e a convención de 2010 a Columbus, Ohio.