Marchando dous [REC] mais

0
168

Os directores Paco Plaza e Jaume Balagueró repartirán-se as responsabilidades de dirección nas seguintes dúas entregas da súa saga de [REC], a série de terror española producida pola Filmax International.

A parella traballara conxuntamente nas dúas primeiras entregas desta franquía, e e ainda que desenvolverán as dúas seguintes, dirixirán cadansúa longametraxe das que se prevén facer. Así, Plaza dirixirá e co-escribirá a terceira parte, [REC] Genesis con Luis Berdejo, que explorará as orixes do diabólico virus mutante zombi.

Balagueró pola súa banda dirixirá a cuarta e derradeira película, [REC] Apocalypse. Os filmes estrearán-se en outono de 2011 e 2012 respectivamente.

A primeira entrega, [REC], estreára-se en outono de 2007 e foi un grande éxito mundial, que mesmo tivo un remake americano, titulado Quarantine.