As orixes do meigo

0
213

The Great Powerful, a precuela de The Wizard of Oz realizada pola Disney Pictures, está a se converter nun traballo no que moitos desexan aterrar.

Así, o director de Hairspray e Bedtime Stories, Adam Shankman, ven de abandoar o seu proxecto na Disney Bob the Musical, ao que levaba un ano vencellado, coa esperanza de se facer co posto na cadeira de director de Oz.

Nombergantes, Shankman deberá competir contra outros nomes moi salientábeis. O seu principal rival é nada menos có director de American Beauty e Revolutionary Road, o inglés Sam Mendes, que pretende facer unha grande produción protagonizada polo actor de moda, Robert Downey Jr., no papel do meigo antes de chegar ao País de Oz. Estaba previsto que Mendes dirixise a seguinte entrega da saga de James Bondd a finais deste ano, pero cos problemas financeiros da MGM ainda por resolver, o proxecto de 007 semella moito menos seguro có do meigo de Oz.

Ambos son dous directores moi distintos que non dubidarán en ll eaportar ao filme unha boa dose das súas preferéncias persoais. A nova versión do meigo de Oz será, previsíbelmente, un film en 3D e pretenderá converter-se nunha aventura para todos os públicos. Pola súa banda, ainda que os traballos anteriores de Shankman estaban dirixidos a un públicos mais xuvenil, xa ten declarado á prensa que pretende dar-lle un toque mais adulto ao seu novo proxecto.