Coñecer aos Haunded

0
223

wiA Rumpus Entertainment e mais a Platinum Studios veñen de se facer cos dereitos para levar ao cinema a vindeira novela gráfica de Chris Wichtendahl Meet the Haunteds.

A história vai sobre unha família que se muda a unha zoa recén revitalizada de Harlem, pero alí atopan que a súa casa está enmeigada por unha família negra que leva alí dende os anos 70 e que non saben canto mudou o mundo dende a súa época.

Steve Carr (Paul Blart: Mall Cop, Daddy Day Care) podería ser o director deste filme, se ben aínda está por se confirmar este dado. O que si se sabe é que el será o produtor xunto con Jason Taragan e Scott Mitchell Rosenberg.