Terror en Castrelos

1019

O pazo de CastrelosO Museu Quiñones de León de Vigo lanza unha actividade terrorífica para os vindeiros meses: as Noites Negras de Castrelos. Tráta-se dun espectáculo teatral inteactivo co que o público (en grupos de 25 persoas) fará un percorrido polo interior do edifício para coñecer a história do pazo dende o século XVII até a doazón ao povo nos anos 20.

A sorpresa, o incertidume e o sobresalto guiarán aos maiores de 18 anos (ou maiores de 14 acompañados dun adulto) polo interior e mais os exteriores do actual museu durante 90 minutos. Persoaxes coma a Santa Compaña, María Soliño ou o Marqués de Castrelos contarán unha história chea de adiviñas, deturpacións e sospeitas.

As visitas serán o 13 de xuño, o 11 de xullo, o 12 de setembro e mais o 3 de outubro. As entradas poderán comprar-se a partir do 10 de xuño no mesmo museu e costarán teres euros.