Volve Freddy en 3D

579

O produtor da Platinum Dunes Brad Fuller ven de revelar no seu Twitter que xa está en produción unha secuela en 3D do seu filme Pesadelo en Elm Street, que a Warner Bros. Pictures ven de estrear esta fin de semana.

Mália que os críticos destrozaron e humillaron a longametraxe até converte-la en farrapos, a nova versión recadou uns nada desprezábeis 33 millóns de dólares na súa primeira fin de semana de exhibición, o que xa a convirte en rendíbel, porque o seu orzamento foi de 27 millóns. A secuela, nombergantes o expresado por Fuller, ainda non recebiu a luz verde dos estudos.

O ano pasado, a secuela barata de Venres 13 (19 millóns de orzamento) abriu con 40 millóns de recadación na súa primeira fin de semana, pero alí remataron as boas cifras, e o despacho de billetes desinchou-se un 80 por cento nas seguintes semanas, até chegar a un total de 91 millóns recadados en todo o mundo, moi por baixo do agardado polos estudos. A secuela que estaba prevista, de feito, foi cancelada após de non chegar a cubrir a expectativas dos inversores.