Sam Rockwell e mais o seu director en Iron Man 2 Jon Favreau poderían volver axuntar-se na adaptación ao cinema do cómic Cowboys and Aliens para a DreamWorks Pictures.
Baseada na novela gráfica da Platinum Studios, a história está ambientada no Vello Oeste e vai sobre os índios e vaqueiros que deben unir as súas forzas para deteren unha invasión extra-terrestre.
Daniel Craig, Olivia Wilde e Harrison Ford xa figuran no elenco de actores para esta aventura. Rockwell interpretará ao don odun bar chamado Doc que se une ao grupo protagonista perseguindo aos áliens, un papel que de feito foi reconcebido e expandido para que Rockwell aceptara interpreta-lo.
Alex Kurtzman, Roberto Orci e Damon Lindelof escribiron o guión e Favreau dirixirá. A rodaxe está prevista para escomezar en xuño.