Downey e a Gravidade

846

Robert Downey Jr. ven de confirmar a súa participación no thriller de ciéncia-ficción en 3D de Alfonso Cuarón Gravity, un proxecto que lle servirá de preámbulo antes de realizar á segunda parte de Sherlock Holmes, que de novo dirixirá Guy Ritchie.

Downey rodará Gravity en Londres este verán. A secuela de Holmes escomezará en outono e ainda que está localizada sobre todo en Londres, Downey espera que tamén haxa escenas noutros sítios, coma París e Suiza.

A rodaxe en Suíza fai pensar que se prepara a rodaxe da famosísima escena de O Problema Final, na que Holmes loita contra o seu inimigo o profesor Moriarty ao bordo do acantilado de Reichenbach e que fixo nacer a expresión inglesa cliffhanger (colgar ao bordo dun acantilado) coma metáfora dun remate dun libro ou unha película na que todo fica no aire. De feito, xa está confirmado que Moriarty será o vilán deste filme, polo que non será unha sorpresa se os acontecementos de O Problema Final incorpóran-se ao guión.

Downey non está seguro de se o persoaxe de Rachel McAdams, Irene Adler, regresará ou non: “É difícil de saber. Porque Irene Adler só apareceu nunha das histórias da reserva de actividades de  Doyle. Pero saberémo-lo axiña“. Downey dixo ademais que no nestá seguro de se o filme será en 3D, pero dixo que “están a poñer unha manchea de cartos enriba da mesa para non ser en 3D“.