Ridley Scott regresa á CF

0
207

Ridley ScottO lendário director de Blade Runner, Ridley Scott, revelou que seica ten un novo proxecto de ciéncia-ficción para dirixir.

Vou facer ún“, dixo nunha entrevista. “Agardei por un libro durante 20 anos, e xa teño o libro. Non vos vou dicir que libro é, pero o guiioón para o filme será escrito probábelmente dentro do vindeiro mes. Iso é o que faga definitivamente despois de Nottingham, o filme sobre Robin Hood que estou a rodar en Inglaterra“.

Ademáis de Blade Runner, Scott dirixiu Alien e máis recentemente foi o produtor executivo da minisérie de ciéncia-ficción A Ameaza de Andrómeda.