Sims en Castlevania

856

O especialista en efectos especiais e deseñador de monstros Aaron Sims (Clash of the Titans) ven de lle revelar á prensa que a adaptación ao cinema do videoxogo Castlevania está pendente de que o seu director James Wan remate o seu actual traballo no thriller sobrenatural Insidious.

Están intentando atopar a financiación axeitada. É un grande filme cunha enorme base de potenciais fans. Nonvan ir cun estudo grande así que tentan atopar os investidores correctos. James e mais eu fomos a Romanía a ollar localizacións“, dixo Sims, quen está ademais vencellado ao proxecto do realizador David Goyer The Invisible Man na Universal Pictures.

Sobre este segundo proxecto Sims afirmou que vai sobre o sobriño do famoso persoaxe orixinal do home invisíbel, que descobre a fórmula de seu tío e utilíza-a para axudar á intelixéncia británica durante a segunda guerra mundial.