Volve o Cristal Escuro

1121

Omnilab Media e a The Jim Henson Company van unir as súas forzas para producir un filme que non se sabe se era mais agardado ou mais temido, Power of the Dark Crystal.

A história, secuela do orixinal de 1982 O Cristal Escuro (The Dark Crystal), está ambientada séculos despois de que o mundo caira unha vez mais na escuridade e unha rapaza misteriosa feita de lume se una a un Gelfling para roubar un anaco do lendário cristal escuro nun intento de reiniciar o lume do sol que está a morrer no interior do planeta.

Rodado en 3D estereoscópico, o proxecto será unha mistura de acción real con monicreques tradicionais e efectos especiais xerados por computador. O lendário artista fantástico Brian Froud repetirá o seu traballo coma deseñador conceptual do filme mentres que os elementos mais complexos xerados por computador correrán a cargo da compañía de efectos especiais virtuais Iloura (Where the Wild Things Are, The Pacific).

Peter Spierig e Michael Spierig (Daybreakers, Undead) dirixirán a partir dun guión de Craig Pearce (Moulin Rouge!, Strictly Ballroom) baseado nunha história de Annette Duffy. A rodaxe escomezará a finais deste ano e a estrea será en 2011.