Asasinos no tempo

0
173

O director de Brick e The Brothers Bloom, Rian Johnson, ven de lle revelar á prensa os detalles do argumento do seu seguinte proxecto, o thriller de ciéncia-ficción Looper protagonizado por Joseph Gordon-Levitt.

Looper será un filme de viaxes polo tempo, ambientado nun futuro próximo onde as viaxes temporais ainda non existen pero exisitirán dentro de poucas décadas. Será moi escuro no seu tón, moi diferente de Bloom, e estará protagonizado por un grupo de asasinos (os Loopers) que traballan para un sindicato do crime no futuro.

Os seus xefes envían aos seus obxectivos atados e cos ollos vendados atrás no tempo onde están os Loopers e o seu traballo consiste simplemente en disparar-lles e desfacer-se cos corpos. Así a persoa asasinada simplemente desaparece do futuro e os Loopers desfan-se dun cadáver dunha persoa que técnicamente non existe, todo moi limpo.