Xa volve Futurama

705

Se cadra Futurama é unha das séries de televisión mais queridas e admiradas polos fans do fantástico. A série, creada por Matt Groening e David X. Cohen, foi emitida pola canle americana Fox até que se cancelou en 2003, sendo sustituida por unha saga de películas de debuxos animados que sairon directamente ao mercado de DVD.

Agora, a canle Comedy Central, que se fixo hai tempo cos dereitos de emisión, ven de revelar a primeira imaxe do que será o primeiro episódio da nova tempada completa, a sexta, que comezará cun episódio dobre que será emitido nos Estados Unidos o vindeiro xoves 24 de xuño.

O episódio levará por título Rebirth (Renacemento), o que constitúe toda unha declaración de intencións por parte da cadea, que por outra banda non revelou, mais datos sobre o capítulo, nin sequera un resume. O único que sabemos é que o episódio tomará a acción xusto cando remata Into the Wild Green Yonder, a quinta película da série.