Englund en Inkubus

0
202

Robert Englund, o actor que deu vida ao Freddy Krueger orixinal, será o protagonista do vindeiro filme Inkubus que producirá a Verdi Corrente Productions.

William Forsythe, Joey Fatone, Jonathan Silverman, Mike Cerrone e Michelle Ray Smith son os outros protagonistas dun filme que conta cun guión de Carl Dupre e Glenn Ciano e que vai sobre un grupo de xente traballando nunha comisaría de policía que está a punto de ser derrubada.

Pero pola noite o demo Inkubus chega á comisaría cunha cabeza curtada nas mans e comeza a confesar unha letanía de crimes, algún dos cales se remonta á Idade Média.

Chad A. Verdi e Michael Corrente producirán o filme, que será dirixido por Ciano. A rodaxe comezou hai uns días en Rhode Island.