Confirmados os Símios

0
194

A 20th Century ven de desvear a data de estrea para unha nova película basaada na saga do Planeta dos Símios: será o 24 de xuño de 2011. O proxecto que até de agora coñecía-se coma Caesar – nome do líder dos símios na rebelión contra os humanos que os escravizan -, pero agora presenta-se co título ainda provisional de Rise of the Apes.

A famosa película de 1968 protagonizada por Charlton Heston deu lugar a 4 secuelas máis e a un remake de Tim Burton en 2001. O que contará Rise of the Apes será a orixe da nova raza de primates intelixentes a raíz de experimentos xenéticos, e os conflitos entre humanos e símios que provocará. A acción terá lugar en San Francisco e estará ambientada na actualidade.

Os efectos visuais utilizarán técnicas semellantes ás de Avatar para crear aos símios. Para dirixi-la ven de se contratar ao inglés Rupert Wyatt, director do thriller carcelário The Escapist (2008), contando cun guión escrito por Amanda Silver e Rick Jaffa, autores do filme de terror The Relic (1997). Amanda Silver foi ademáis a guionista de A man que move o berce (1992), un dos filmes de intriga mais salientábeis dos anos 90.

Dos efectos visuais encargará-se a compañía neozelandesa Weta Digital, da que Peter Jackson é ún dos cofundadores, e que xa creou efectos especiais tan premiados coma os da triloxía do Señor dos Anéis.

A intención é recurrir ás técnicas empregadas en Avatar para conseguir desenvolver aos persoaxes homínidos non humanos o máis reais posíbeis. Tanto no filme de Tim Burton coma nos cinco anteriores, os simios foran interpretados por actores convenientemente maquillados e caracterizados.

Míticas son as interpretacións de Roddy McDowall e a actriz Kim Hunter no clásico orixinal dos 60. E Tim Roth tamén bordou una poderosa interpretación do seu guerreiro Thade na versión de 2001.