MI:4 adia-se

0
205

A Paramount Pictures ven de adiar sete meses mais o filme producido por J.J. Abrams e dirixido por Brad Bird Mission: Impossible IV, dende o 27 de maio de 2011 ao 16 de decembro.

O movemento non é unha sorpresa moi grande xa que os estudos pretenden non facer coincidir no tempo unha série de filmes que tiñan previsto estrear-se na fin de semana do Memorial Day nos Estados Unidos. E moitos deses filmes tiñan fixada a súa data de estrea moito antes cá cuarta entrega de Misión Imposíbel.

Deste xeito o verán de 2011 verá-se un pocuo menos conxestionado por filmes da Paramount, que ten para esas datas a Thor (6 de maio), Kung Fu Panda: The Kaboom of Doom (3 de xuño), Transformers 3 (1 de xullo) e Captain America: The First Avenger (21 de xullo). Para o mes de nadal polo de agora só teñen prevista a estrea de Alvin and the Chipmunks 3D e outra importante, The Adventures of Tintin: The Secret of the Unicorn.

Tom Cruise, no seu habitual estilo, confirmou asemade que Brad Bird (O xigante de Ferro, Os Incríbeis) será o director.