Zombis en Las Vegas

0
187

Matthijs van HeijningenA Warner Brothers ven de contratar ao director de anúncios e artista visual Matthijs van Heijningen Jr. para que faga o seu debut coma director dunha longametraxe en Army of the Dead, un thriller de acción que ten lugar nunha Las Vegas infestada por zombis.

A Warner coproducirá o filme xunto á Village Roadshow Pictures. Zack Snyder e Deborah Snyder serán tamén produtores por médio do seu selo Cruel & Unusual Films.

O guión de Joby Harold (guionista e director de Awake) céntra-se nun pai que tenta salvar á súa filla dunha morte segura nunha cidade chea de zombis.