Os auténticos Homes X

0
210

A canle de televisión History Channel (coñecida en Galiza polo seu nome en español, Canal de História) vai formar equipa coa icona do cómic Stan Lee nunha nova série para a pequena pantalla que tentará atopar aos auténticos Homes X.

Coma parte dun novo grupo de programas, o creador da Patrulla X será o copresentador de Stan Lee’s Superhumans, que procurará xente que teña habilidades especiais que os faga xenéticamente diferentes. Daniel Browning Smith, un famoso “friqui” americano coñecido por ser o home mais flexíbel do mundo, será o outro presentador xunto a Lee.

Superhumans debutará en antena durante o terceiro cuarto do ano e estará acompañado por outras cinco séries e mais un feixe de especiais que están a recebir a aprobación da canle ainda durante esta semana.

Nos últimos tres anos o History Channel abandoou a súa filosofía orixinal coma canle de cultura para se adicar a un público mais amplo e tentar chegar a mais audiéncias, co que deu comezo a programas afastados da súa concepción anterior, pasando a falar de ovnis, abduccións, medicinas alternativas e outras magufadas. O ano pasado a canle acadou un novo récord de audiéncias e de benefícios.