Finou Frank Frazetta

695

O ilustrador Frank Frazetta, coñecido no mundo do cómic polos seus debuxos fantásticos e de ciéncia-ficción, ven de finar hoxe aos 82 anos de idade por mor dun ataque ao corazón, nun hospital preto da sua casa nas Montanas Pocono de Pennsylvania.

Frazetta acadou grande sona grazas ás súas portadas de revistas, pósters de películas e outros traballos comerciais, incluindo os que fixo para a série de Conan o Bárbaro, antes de que se convertese nun persoaxe famoso e de que inspirara ningunha película. Frazetta era tamén recoñecido polas súas ilustracións de persoaxes de Edgar Rice Burroughs, coma Tarzán ou John Carter de Marte.

O seu estilo, que sempre incluía guerreiros musculosos e mulleres á penas vestidas cun farrapo de roupa, moitas veces combatendo contra enormes bestas, converteu-se nunha icona da fantasía e da ciéncia-ficción, mesmo sen que el mesmo o pretendese: “Eu non lía ren diso, debuxaba ao meu xeito, dába-me igual. E pillába-o. Non me importaba o que pensase a xente. A xente que lía os libros nunca se queixou. Probábelmente non-os lían“.

Unha vez acadou reputación, os estudos de cinema contratáro-no para traballar en filmes de debuxos animados, se ben só participou nominalmente en moitos deles. A princípios dos anos 80 Frazetta traballou con Ralph Bakshi na longametraxe Fire and Ice, distribuida en 1983.

A súa muller finou de cancro o ano pasado e o seu fillo, de mais de 50 anos, foi detido por roubar os cadros do museu de seu pai, o que iniciou unha batalla legal polos dereitos dos mesmos. Hai uns meses, un xornal local afirmou que Frazetta tiña deméncia senil.

Mália esta final tan pouco honrosa, Frazetta será sempre relembrado por crear un estilo que hoxe se considera o canon da fantasía. A súa obra influenciou a artistas de xénero coma ao autor de Lenda de Zelda, Yusuke Nakano, e os seus cadros serán por sempre un clásico para calquera que ouse pensar nos exóticos mundos da fantasía heroica.