Favreau e Iron Man 3

0
208

O director das dúas entregas de Iron Man, Jon Favreau, ven de revelar quen podería ser o novo inimigo ao que se enfronte o heroe enmascarado na súa terceira aventura no cinema: o Mandarín.

En declaracións á prensa Favreau dixo que “Tedes que facer o Mandarín… O problema co Mandarín é, o xeito no que aparece debuxado nos cómics, non queres ver iso. Tamén ten dez aneis máxicos, e iso non cadra ben para o noso, así que ou está baseado na tecnoloxía ou os aneis non son aneis de verdade“.

Favreau confirmou que as pequenas pistas que se dan na primeira parte sobre unha organización terrorista chamada Os Dez Anéis poderían asemade estar baseadas neste persoaxe do cómic, un dos mais tradicionais inimigos de Iron Man, semellante a Fu-manchú, pero que deberá ser actualizado para poder aparecer nunha saga de filmes que ten coma sinal distintiva a alta tecnoloxía.