Os Beatles eran uns zombis

843

Os produtores Michael Shamberg e Stacey Sher (Pulp Fiction, Erin Brockovich) veñen de se facer cos dereitos para levar ao cinema unha das novelas mais delirantes xurdidas nos últimos anos e que ten coma protagonistas aos Beatles. Tráta-se do libro de Alan Goldsher Paul is Undead.

A história retrata a John Lennon coma un guitarrista zombi de Liverpool que asasina e logo reanima aos outros tres membros da banda, Paul, George e Ringo. O cuarteto crea éxitos musicais e percorre o mundo cometendo sanguentos crimes, nos que non fallan por suposto a devoura de cerebros dos seus fans.

O libro presenta tamén a Mick Jagger no papel do millor cazador de zombis do Reino Unido e mais a Yoko Ono coma unha ninja de oitavo nivel. Mesmo hai unha escena onde Xesús dá-lle a razón ao zombi John Lennon sobre que os Beatles son mais grandes ca el.