RollerCoaster ao cinema

0
221

Dentro da moda que semella ser nos últimos tempos converter videoxogos en películas, seica lle toca agora a un xogo que ninguén podía agadar de antemán ver pasado á pantalla grande, xa que é de estratéxia. Así, a Sony Pictures Animation ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema o videoxogo da Atari RollerCoaster Tycoon.

David Ronn e Jay Scherick (Os Pitufos, The Zookeeper) escribirán o libreto desta adaptación, que contará con actores reais inteactuando con animación xerada por computador. O xideoxogo orixinal ten coma obxectivo administrar un parque de atraccións, no que o xogador pode tamén deseñar e persoalizar as montañas rusas.

Harald Zwart (The Karate Kid) será o produtor executivo e pode que tamén o director desta adaptación.