Volve o Capricórnio 1

0
171

Capricórnio 1John Moore ven de ser contratado para dirixir o remake do thriller conspiranoico de ciéncia-fición de 1978 Capricórnio Un para a New Regency.

Peter Buchman (Che Guevara) escribiu o guión, que foi descrito coma unha nova volta de rosca actualizada da história do grupo de astronautas que fai unha viaxe falsa a Marte.

Elliott Gould e James Brolin foran os protagonistas do filme orixinal, que escribiu e dirixiu Peter Hyams. Naquel filme o polémico O.J. Simpson interpretaba un papeliño.

Moore dirixiu a adaptación á pantalla grande do videoxogo Max Payne para a 20th Century Fox.