A Pixar cancela Newt

780

A produción da Disney/Pixar Newt ven de ser definitivamente cancelada, segundo confirmou o voceiro da Disney Dave Smith en resposta a unha pregunta que lle fixeron recentemente sobre por que o devandito filme fora borrado da lista oficial de filmes dos estudos na enciclopédia Disney A to Z.

Anunciada por primeira vez en abril de 2008, Gary Rydstrom estaba vencellado ao proxecto coma director e coguionista xunto con Leslie Caveny, para unha estrea que se prevía no verán de 2011. A história ía sobre a derradeira parella de píntegas de pes azuis do planeta.

A finais dese ano, o filme foi adiado para escomezar unha secuela da menos interesante pero mais rendíbel Cars. E todo ficou parado até que a princípios deste ano un comentário do gurú da indústria da animación Floyd Norman deixou entrever que o filme estaba morto. E cando foi anunciada a tanda de filmes que contaban para unha estrea en 2012, Newt xa non aparecía.