Reparto para Awakening

0
333

Rebecca Hall, Dominic West e Imelda Staunton veñen de se unir ao reparto do filme The Awakening para a StudioCanal e mais a BBC Films.

Hall interpretará a unha investigadora de sucesos paranormais na Inglaterra de despois da Primeira Guerra Mundial, adicada a desacreditar as reivindicacións dos espiritistas. Pero coma adoita acontecer nestes filmes, axiña estará ela mesma vencellada a un caso de enmeigamento nun internado onde seica os feitos son reais.

Nick Murphy (Surviving Disaster and Occupation) será o director, mentres que David Thompson será o produtor. A rodaxe dará comezo en xuño en localizacións no Reino Unido.