Novas caras en Steel

7565

Anthony Mackie (Eagle Eye, Notorious) e Evangeline Lilly (Perdidos, Afterwards) son polo de agora as últimas incorporacións ao reparto do filme protagonizado por Hugh Jackman Real Steel para a DreamWorks Pictures.

Ambientado nun futuro próximo onde os boxeadores foron sustituidos por robots de dúas toneladas controlados por seres humáns, Hugh Jackman interpreta a un antigo boxeador reconvertido en manager que xunto co seu recén descuberto fillo deberá adestrar a un robot para converte-lo en campión.

Mackie interpretará a un promotor de boxeo mentres que Lilly será unha amiga do persoaxe de Jackman. Ambos actores veñen de participar no filme gañador nos Oscars deste ano, The Hurt Locker.

Shawn Levy dirixirá e producirá xunto a Don Murphy e Susan Montford.