Burton para Monsterpocalypse

1028

A DreamWorks Pictures está a tentar convencer a Tim Burton para que esqueza os seus vindeiros compromisos e que dirixa a adaptación o cinema do xogo de miniaturas Monsterpocalypse.

O xogo de mesa para nenos consiste nunha chea de monstros que loitan sobre un taboleiro que representa unha cidade con edifícios, que destrúen os monstros mentres loitan entre eles. O crador do xogo, Matt Wilson, será o coprodutor deste proxecto, que ainda está nas súas fases mais preliminares e que garda moitas semellanzas con otros da mesma Dreamworks, coma o Robopocalypse (que ten un guión de Drew Goddard).

Burton pola súa banda debería, de aceptar, abandoar outros proxectos que ten na súa axenda gardados dende hai tempo, coma a súa adaptación de Dark Shadows e a Maleficent para a Walt Disney.