Superheroes do porno

0
198

A compañía Vivid Entertainment ven de anunciar a creación de Vivid-Superhero, un novo selo que lanzará paródias porno de persoaxes coma Superman, Green Hornet, Spiderman, Wonder Woman, o Capitán América, Thor e mais o Incríbel Hulk.

Nombergantes, o primeiro persoaxe que se convertirá en estrela porno é Batman grazas a Batman XXX: A Porn Parody, unha paródia da série de televisión dos anos 60 que misturará a acción clásica do cómic cun filme pornográfico heterosexual. O tráiler, que non contén escenas explícitas, chegou nada menos cá 150.000 visualizacións nas súas primeiras 24 horas na rede, acadando a atención dos médios de comunicación xeralistas.

Moito do interese da nova non está só nos persoaxes en si mesmos nin nas escenas porno que protagonizarán, senón no anúncio dos estudos de que queren facer un grande esforzo en seren fieis ao material orixinal. Así, para a primeira película, seica mesmo foron contratados os deseñadores orixinais do vestiário da série de televisión dos anos 60. Batman XXX: A Porn Parody ten prevista a súa estrea para este 24 de maio.