Dredd terá un relanzamento

787

A DNA Films, a Reliance Big Entertainment e mais a IM Global van-se axuntar para desenvolveren conxuntamente unha adaptación ao cinema en 3D do clásico cómic británico Xuíz Dredd, o persoaxe creado polo guionista John Wagner e mais o debuxante aragonés Carlos Ezquerra nas páxinas da revista 2000AD en 1977.

Alex Garland (28 Days Later, Sunshine) foi o autor do guión e Pete Travis (Vantage Point) será o director deste proxecto, que xa conta cun orzamento de algo menos de 50 millóns de dólares e que estará ambientado nun mundo futuro onde os policías son ao mesmo tempo xuices, xurados e se é preciso, verdugos.

O proxecto ignorará a adaptación anterior de 1995 que protagonizara Sylvester Stallone e irá directamente ás raíces do cómic. Mália o acordo entre a DNA e mais a Fox, semella que esta última non estará vencellada ao proxecto.