Ainda que a Summit mantén a opción de facer só unha película, a cuarta e derradeira entrega da saga de Crepúsculo, The Twilight Saga: Breaking Dawn semella que finalmente será dividida en dous filmes e que os estudos apostan fortemente por esa opción.
A escritora Stephanie Meyer asinou a súa conformidade co plan de dividir o seu libro en dúas longametraxes, o director Bill Condon está contratado para dúas películas e unha fonte interna confirma que “isto van ser dúas películas. Con ou sen todo o reparto intacto“. De feito, a única razón importante pola que podería non facer-se unha división do libro son os gastos, xa que o reparto non asinou mais que para catro entregas e deben renegociar-se todos os contratos, cousa que xa escomezou a se facer. Nombergantes, e coma é lóxico, os máximos protagonistas piden agora moitos mais cartos pola súa intervención.
Kristen Stewart, Robert Pattinson e Taylor Lautner esixen agora grandes aumentos do seu soldo para regresar na quinta parte e os estudos queren pechar os acordos con eles canto antes. Peter Facinelli e Billy Burke tamén regresarán nos papeis de pais de Edward e Bella.
O problema semella estar sobre tod nos outros rapaces de Cullen, mais especificamente en Kellan Lutz e Ashley Greene, quen seica piden alomenos dez veces mais do que cobraron na primeira película. Nombergantes, coma os seus papeis non son esenciais, alomenos un deles podería ser sustituido para demostrar ao resto dos actores que aos estudos non lles tremerá a man á hora de botar á xente. Neste sentido, agárda-se que até que non estea pechado todo o reparto non se faga público o comunicado anunciando a división do filme en dúas partes.
De calquera xeito, os gastos continuarán subindo. O primeiro filme da saga custou 37 millóns de dólares. New Moon, o segundo, subiu até os 50 millóns, mentres que o terceiro, Eclipse, conta cun orzamento de 65 millóns. Agárda-se que os custes de produción das dúas películas finais deixe empequenecidas ás anteriores cifras, mália que a rodaxe se levará a Louisiana, mais barata ca Vancouver.