O Vampiro namorado

0
166

Kevin Zegers, Keisha Castle-Hughes, Kristin Kreuk e mais actores veñen de se unir ao reparto do thriller Vampire para a Rockwell Eyes e mais a Convergence Entertainment.

Zegers interpreta a un mestre de escola e asasino en série que está á procura de rapazas que queiran suicidar-se coma potenciais vítimas dos seus crimes, pero ten un pequeno defecto e é que se namora de cada unha das rapazas que vai asasinar. Rachael Leigh Cook, Adelaide Clemens, Amanda Plummer, Yu Aoi e Trevor Morgan son as outras actrices que interpretarán ás vítimas.

O director xaponés Iwai Shunji (Love Letter) fará o seu debut nun filme rodado en inglés e ademais será o produtor, xunto a Tim Kwok. A rodaxe escomezou esta semana en Vancouver.