Adéus a outro veterán de Star Trek

820

Robert H. JustmanRobert H. Justman, un produtor que foi unha das forzas creativas que había após da série orixinal de televisión de Star Trek dos anos 60, así coma da súa continuación nos 80 Star Trek: A seguinte xeración, ven de morrer en Los Angeles aos 81 anos de idade.

Justman finou o pasado día 28 de maio na súa casa por mor de complicacións derivadas do Parkinson que padecía, segundo dixo o seu fillo Jonathan á prensa.

A morte de Justman chega moi seguida á doutros colegas de Star Trek que se produciron tamén recentemente: Joseph Pevney, que dirixiu algúns dos episódios máis populare da série orixinal, e Alexander Courage, o compositor da música da saga.

Seica é coma se houber algunha grande convención de Star Trek e todo o mundo está a marchar“, dixo Jonathan Justman. “Todo o mundo está a ser teleportado“.

Coma produtor asociado, consultor técnico e ás veces coprodutor, Bob Justman exerceu unha notábel influenza en Star Trek dende os seus comezos en 1966 até 1969, cando a NBC cancelou a série. Estivo vencellado a todas as facetas da produción e mesmo botou unha man nos cástings, no deseño dos decorados e do vestiário, así coma nas liñas argumentais e nos guións.