Vermello Profundo de Romero

0
164

A lenda do cinema de terror George A. Romero (Dawn of the Dead, A noite dos mortos vivintes) está en negociacións moi avanzadas para dirixir un remake en 3D dun dos traballos mais aclamados dun colega de seu: Deep Red.

O filme italiano de culto de Dario Argento de 1975 vai sobre un pianista inglés (David Hemmings) que vive en Roma e que é testemuña do brutal asasinato do seu viciño, un médium.

Coa axuda dunha valente rapaza xornalista (Daria Nicolodi) tentará descobrir ao asasino, unha obsesión que porá en risco a súa vida e a de todos aqueles cos que se pon en contacto, xa que o criminal comeza a mata-los a todos.

Unha canzón cantada por un neno, un cadáver encerrado nos muros dunha casa abandoada e mais a violéncia desmedida que é a marca de autor de Argento xogarán un importante papel neste filme, que xunto co seu seguinte, Suspiria, é considerado decote coma o millor que fixo.

A rodaxe do remake escomezará este outono en Canadá. A estrea producirá-se nalgún intre durante o ano que ven.