Bruce Willis en Looper

686

Bruce Willis ven de se unir ao reparto do thriller de ciéncia-ficción Looper, que finalmente dirixirá o realizador de Brick, Brian Johnson.

A história vai sobre un grupo de asasinos (os Loopers) que traballan para un sindicato do crime que mata e logo se desfai dos cadáveres das súas vítimas. A cuestión é que o sindicato existe tres décadas no futuro.

Así que os Loopers desfan-se de corpos que técnicamente ainda non existen, mentres que no futuro as súas vítimas simplemente desapareceron sen deixar rastro. O xiro principal no argumento deste filme inclúe a un home que é enviado atrás no tempo coa misión de se matar a si mesmo. Joseph Gordon-Levitt e Bruce Willis interpretarán ás encarnacións dese mesmo persoaxe, unha no pasado e a outra no presente.