Reeves será o Pasaxeiro

776

Keanu Reeves será o actor protagonista de Passengers, o vindeiro drama de ciéncia-ficción de Gabriele Muccino, que conta cun orzamento de 90 millóns de dólares e será producido pola Morgan Creek e mais a Universal Pictures.

Reeves interpretará a Jim Preston, un mecánico que debe facer unha viaxe de 120 anos ao futuro nun planeta moi afastado que están a colonizar os seres humanos noutra galáxia. O viaxeiro convérte-se no primeiro dos 5.000 pasaxeiros en se decatar de que o mecanismo de hibernación está a fallar, polo que esperta un século antes de tempo. Esperto no médio do espazo interestelar, prisioneiro nunha nave e coa única compañía dos robots.

Un ano despois, decide espertar tamén a unha fermosa xornalista chamada Aurora e namóran-se. Pero cando se saiba a verdade de por que espertaron ambos os dous e o erro de funcionamento na nave, a ameaza da morte comeza a se albiscar no seu futuro.

Jon Spaihts escribiu o guión orixinal, que deberá ainda sofrir algúns recurtes antes de que escomece a produción. A rodaxe ten previsto arrincar o vindeiro mes de xaneiro.