Comeza a rodaxe do Ninja Asasino

0
217

RainComezou a filmación de Ninja Assassin baixo a dirección de James McTeigue (V For Vendetta), segundo ven de anunciar a Warner Brothers. Matthew Sand e J. Michael Straczynski (Babylon 5) foron os co-autores do guión para este filme que producen Joel Silver e mais os irmáns Wachowski.

Ninja Assassin está protagonizado pola estrela coreana Rain (Speed Racer) coma a persoaxe principal, Raizo; Naomie Harris (Piratas do Caribe 3) no papel do investigador da Europol Mika Coretti; Ben Miles (V For Vendetta) no papel do axente da Europol Ryan Maslow; o lendário mestre das artes marciais Sho Kosugi (Revenge of the Ninja) coma o despiadado líder do clan Ozunu e por Rick Yune (Morre outro día) coma o rival de Raizo, Takeshi.

Ninja Assassin é a história de Raizo (Rain), ún dos máis letais asasinos do mundo. Recollido das rúas cando era neno, foi adestrado coma asasino polo clan Ozunu, unha sociedade secreta cuxa soa existéncia é considerada un mito. Pero enmeigado pola execución sen piedade do seu amigo polo clan, Raizo libéra-se e desaparece. Agora agardará, á espera da súa vinganza.

En Berlín, a axente da Europol Mika Coretti (Harris) ven de atopar un rastro de cartos vencellado aos asasinatos de políticos por unha rede de misteriosos asasinos do Lonxano Este. Desafiando as ordes do seu superior, Ryan Maslow (Miles), Mika investiga nos ficheiros secretos da axéncia para averiguar a verdade que hai após dos asasinos. A súa investigación convírte-a en diana do clan Ozunu, que envía a unha equipa de asasinos liderados polo letal Takeshi (Yune), para silencia-la para sempre. Raizo salva a Mika dos seusatacantes, pero sabe que o clan non acougará até que os dous sexan aliminados.

A fotografía principal ten lugar nos estudos Babelsberg e mais en várias localizacións por todo Berlín.